Thursday 19 de September de 2024

O concello de Ribeira xestiona a instalación de fibra en todo o municipio


O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta mantivo unha reunión con Toxo Telecom, da man de Rede Aberta, co propósito de coordinar o despliegue de rede de fibra en todo o Concello.

“Necesitamos levar a conectividade de fibra óptica a cada recuncho do municipio e garantir unha cobertura integral que abarque tanto as zonas urbanas como tódalas parroquias do municipio.” afirmou o concelleiro. Segundo explicou, a reunión foi un paso crucial no esforzo conxunto para impulsar a infraestrutura no municipio.

A empresa, pola súa parte, expresou o seu compromiso coa mellora dos servizos de internet e a creación de oportunidades para o desenvolvemento económico e social; e comprometeuse a finalizar o despliegue de rede o vindeiro ano.